Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20073

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (505/2013).

Na peza de apelación 505/13, dimanante de ordinario nº 4/2012 do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo, seguido por instancia de Recreativos Ceda, S.A. contra María Elena Varela Piñeiro e Gema García Folla, sobre reclamación de cantidade, a Sección Sexta de Audiencia de Pontevedra, o 18 de decembro de 2014, ditou sentenza en que estima o recurso de apelación e a demanda interposta por Recreativos Ceda, S.A. contra as demandadas, cuxo texto íntegro se encontra nesta sección á disposición dos interesados.

A sentenza ditada en apelación é susceptible de recurso de casación por interese casacional/extraordinario por infracción procesual, que pode interpoñerse ante esta sección nos 20 días seguintes á notificación por medio de escrito con sinatura de letrado e procurador.

Para que conste e sirva de notificación en forma a Mª Elena Varela Piñeiro, expido e asino o presente.

Vigo, 4 de febreiro de 2015

O/a secretario/a xudicial