Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20072

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015 pola que se integra a Joaquín Fernando Gómez Varela, funcionario da escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional décimo sétima que os funcionarios e funcionarias da escala de profesores do INEF de Galicia, que no momento da súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada polo profesor Joaquín Fernando Gómez Varela, con DNI número 32656758R, funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Educación Física e Deportiva, con efectos económicos e administrativos do 1 de abril de 2015.

Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e condicións previstas na Lei reguladora de dita xurisdición, contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 30 de abril de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña