Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2015 pola que se aproba a solicitude de cambio de localización do viveiro denominado Olvido II.

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 13.2.2015, o secretario xeral do Mar remite unha certificación da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento seguido por instancia de Olvimar, S.L. (P.O. 4271/2010-E) e informa de que ten carácter firme e ordena que se leve a puro e debido efecto o que nela se acorda.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A sentenza emitida no procedemento ordinario 4271/2010 declara que procede o cambio de localización da batea para cuxa explotación está habilitada a recurrente (Olvido II) desde o lugar en que se acha ao que expresamente se solicitara: polígono C, cuadrícula 2, distrito marítimo de Muros.

Visto o exposto, e ao abeiro das súas competencias, esta xefatura territorial resolve:

Aprobar a solicitude de cambio de localización do viveiro denominado Olvido II á cuadrícula 2 do polígono C do distrito de Muros.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de febreiro de 2015

P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar