Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Hospitales Privados de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar se presentou certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria onde se reflicte o acordo acadado o 19 de febreiro de 2015 e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: empresarios ou empresas cuxa actividade estea incluída nos seus ámbitos territorial e profesional, conforme os requisitos e procedementos establecidos nos presentes estatutos, de acordo cos seus artigos 21 e 22.

– Asinantes: Miguel A. López-Pardo Pardo (presidente) e Alberto Lens Tueiro (secretario).

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social