Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición da disolución practicada en virtude de auto xudicial da entidade SUD-4, Sociedade Cooperativa Galega en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a disolución da entidade SUD-4, Sociedade Cooperativa Galega en liquidación, practicada en virtude do Auto do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña, Sección V Liquidación 0000109/2014-DA sobre concursos voluntarios do 7 de xaneiro de 2015, dándose así apertura á fase de liquidación.

A Coruña, 27 de abril de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña