Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito das escrituras públicas de modificación de estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas do Mar de Galicia, Ugacomar.

En cumprimento do disposto no artigo 134 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e nos artigos 85 e 86 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que no Rexistro Central de Cooperativas dependente desta dirección xeral foron depositadas as escrituras públicas de modificación de estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas do Mar de Galicia, Ugacomar, resultando inscritas no libro de inscrición de asociacións cooperativas.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social