Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (5/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 5/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carla Llanes Chouciño contra Alfa Instant, S.A., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carla Llanes Chouciño contra a entidade Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Alfa Instant, S.A., a que aboe á demandante a cantidade de 5.339,80 euros brutos, polos salarios devindicados entre setembro e decembro de 2013, incluíndo pagas extras de verán e decembro, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de abril de 2015

A secretaria xudicial