Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1301/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1301/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Javier Fernández Girón contra o Fondo de Garantía Salarial, Impresores de Galicia, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carlos Javier Fernández Girón, contra a entidade Impresores de Galicia, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a Impresores de Galicia, S.L. a que lle aboen ao demandante a cantidade de 16.781,1 euros brutos, polos salarios devindicados entre febreiro e outubro, ambos inclusive e pagas extras de xullo e Nadal de 2013, e 913,22 euros brutos pola compensación económica pola falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 14.304,86 euros da indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, que se acreditará mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo. Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Impresores de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de abril de 2015

A secretaria xudicial