Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19610

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3564/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 3564/2013 desta sección, seguido por instancia de Ara Krulich, S.A. contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mapafuer, S.L. e Fernando Esperón Sanmartín, sobre recarga de accidente, se ditou auto de aclaración con data do 24 de abril de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A sala acorda:

Aclarar a sentenza ditada por esta sala o 14 de abril de 2015 nas presentes actuacións, no sentido seguinte:

No fundamento de dereito quinto, onde di: “… sendo imputable tal situación xunto coa mercantil contratista Mapafuel, S.L.”, debe dicir: “… sendo imputable tal situación xunto coa mercantil contratista Mapafuer, S.L.”.

E no mesmo fundamento de dereito quinto, onde di: “… a teor do actuado no caso de autos, permite considerar que sexan responsables solidarios a empresa de Mapafuel, S.L. e a aquí concorrente Ara Krulich, S.A…”, debe dicir: “… a teor do actuado no caso de autos, permite considerar que sexan responsables solidarios a empresa de Mapafuer, S.L. e a aquí concorrente Ara Krulich, S.A. …”.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta resolución non cabe ningún recurso. Malia o dito no parágrafo anterior, en canto se debe entender que este auto se integra na resolución que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpor o recurso que poida caber contra esa resolución restablécese partir do momento en que se lles notifique ás partes este auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións xa presentase, preparase ou anunciase o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación considérase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mapafuer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2015

A secretaria xudicial