Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19412

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 4482/2013-BC).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 4482/2013-BC

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 1085/2012. Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Alicia Llan Lodos

Recorridos: Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Divisiones y Techos, S.A., Manuel Bestilleiro Bello

Avogado/a: letrado comunidade (servizo provincial). Servizo Xurídico da Seguridade Social (provincial)

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4482/2013 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Divisiones y Techos, S.A., Manuel Bestilleiro Bello, sobre accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital, nos presentes autos tramitados por instancia da recorrente contra os demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Manuel Bestilleiro Bello e a empresa Divisiones y Techos, S.A., debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza, con imposición á parte recorrente das custas causadas no recurso, que incluirán a cantidade de 600 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Divisiones y Techos, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de abril de 2015

A secretaria xudicial