Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións correspondentes ao expediente 4/15 e tres máis.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais Campus As Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

2. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

4. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B e C (de ser o caso, compróbense os requirimentos de cada expediente).

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, baixo, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

6. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

c) Localidade código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil de contratante da Universidade de Vigo.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, e ratearase o seu importe a partes iguais entre os licitadores que resulten adxudicatarios. Aproximadamente 1.200 €.

8. Obxeto do contrato do expediente 4/15:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: plataforma aérea LIDAR non tripulada.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

• Redución no prezo de licitación (criterio automático): 40 puntos.

• Calidade técnica da plataforma aérea non tripulada + LIDAR (xuízo de valor): 40 puntos.

• Inclusión dunha emisora terrestre de control adicional (criterio automático): 10 puntos.

• Adestramento básico e avanzado (criterio automático): 10 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

f) Prazo de execución: 3 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 38300000-8.

i) CPA: 26.5.

j) Valor estimado do contrato: 119.667 €.

k) Importe de licitación: 119.667 €.

l) Otra información: fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestructuras e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Número de proxecto: UNVI13-1E-2744. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

9. Obxecto do contrato do expediente 5/15:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistema de microanálise EDS para microscopio electrónico de varrido ambiental Fei Quanta 200.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

• Redución no prezo de licitación (criterio automático): 40 puntos.

• Calidade técnica do equipamento (xuízo de valor): 25 puntos.

• Capacidade de resposta servizo técnico (criterio automático): 10 puntos.

• Prazo de garantía ata 2 anos (criterio automático): 8 puntos.

• Compatibilidade do software ofertado co formato (INCA ipj), formato doutras plataformas de software xa existentes no servizo (criterio automático): 6 puntos.

• Comunicación por rede: que o sistema EDS dispoña de comunicación por rede (criterio automático): 6 puntos.

• Número de licenzas off-line (criterio automático): 5 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: Servizo de Microscopía Electrónica do CACTI (Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación) no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

f) Prazo de execución: 3 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 38300000-8 - codificación CPA: 32.

i) CPA: 32.

j) Valor estimado do contrato: 72.449 €.

k) Importe de licitación: 72.449 €.

l) Fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Número de proxecto: UNVI13-1E-2744. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

10. Obxecto do contrato do expediente 6/15:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: cromatógrafo de líquidos de alta eficacia acoplado con analizador de masas.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

• Redución no prezo de licitación (criterio automático): 40 puntos.

• Calidade técnica (xuízo de valor): 40 puntos.

• Xerador de nitróxeno gas, adecuado para a súa conexión e para o funcionamento normal do equipamento obxecto do concurso que debe achegar un caudal de polo menos 40 l/min (criterio automático): 10 puntos.

• Adestramento básico e avanzado tanto do equipamento como do software ao persoal do servizo que se fará cargo do equipo no uso, manexo, aplicacións e mantemento do equipamento. Este adestramento realizarase no lugar onde se instale o equipamento, contado desde o remate da instalación do equipamento (criterio automático): 5 puntos.

• Extensión do prazo de garantía ata 2 anos (criterio automático): 5 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: a entrega efectuarase nas instalacións do Servizo de Seguridade Alimentaria e Desenvolvemento Sostible do CACTI da Universidade de Vigo (Campus Universitario As Lagoas-Marcosende).

f) Prazo de execución: 3 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 38300000-8.

i) CPA: 32.

j) Valor estimado do contrato: 125.822 €.

k) Importe de licitación: 125.822 €.

l) Fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Número de proxecto: UNVI13-1E-2743. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

11. Obxecto do contrato do expediente 10/15:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: perfilómetro 3D óptico con variación de foco con masas.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

• Redución no prezo de licitación (criterio automático): 40 puntos.

• Calidade técnica (xuízo de valor): 40 puntos.

• Porcentaxe de desconto na adquisición futura de módulos de software adicionais de procesamento de datos e imaxes 3D (criterio automático): 5 puntos.

• Inclusión de polarizador óptico con posicionamento motorizado, adecuado para a medida en superficies puídas altamente reflectoras (criterio automático): 5 puntos.

• Accesorio/utensilios para facilitar o posicionamento e fixación de coitelas de corte ou outros elementos, obxectos ou pezas de xeometrías complexas (criterio automático): 5 puntos.

• Adestramento básico e avanzado tanto do equipamento como do software ao persoal do servizo que se fará cargo do equipamento no uso, manexo, aplicacións e mantemento do equipamento. Este adestramento realizarase no lugar onde se instale o equipamento, contado desde o remate da instalación do equipamento (criterio automático): 5 puntos.

d) División por lotes: non procede.

e) Lugar de execución/entrega: Servizo de Nanotecnoloxía e Análise de Superficies (Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación) no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo).

f) Prazo de execución: 3 meses.

g) Admisión de prórroga: non.

h) CPV: 38300000-8.

i) CPA: 32.

j) Valor estimado do contrato: 69.035 €.

k) Importe de licitación: 69.035 €.

l) Fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestructuras e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Número de proxecto: UNVI13-1E-2740. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

Vigo, 7 de maio de 2015

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo