Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 20 de abril de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se lle notifica ao interesado a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro, no caso de non presentar os datos necesarios para lle facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non estaban nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselle á persoa incluída na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturarlle ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 221/2012, do 31 de outubro, DOG núm. 222 (21.11.2012) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfono 981 33 45 06.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, firmo e selo esta cédula.

Ferrol, 20 de abril de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Trasmonte Manso Fernando

032624544X