Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración dun difractómetro de raios X de monocristal para moléculas pequenas de masas (expediente 7/15).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Fax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: 9 de xuño de 2015.

d) Número de expediente: 7/15.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: difractómetro de raios X de monocristal para moléculas pequenas de masas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Servizo de Determinación Estrutural, Proteómica e Xenómica do CACTI (Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación) no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 3 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 38300000-8 e CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Redución no prezo de licitación: 40 puntos.

2) Melloras: 20 puntos.

3) Calidade técnica: 40 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 269.620 euros.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 269.620 euros + 56.620,20 euros de IVE.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: o que se indica na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 16 de xuño de 2015.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia de Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo 36310.

4) Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na Sala de Xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.400 euros.

11. Outras informacións: fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Número de proxecto: UNVI13-1E-2743. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

Vigo, 7 de maio de 2015

Por delegación (Resolución 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo