Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (107/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 107/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Sanz Sánchez contra o Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., o administrador concursal do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José María Sanz Sánchez, contra a entidade Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. e en consecuencia, debo condenar e condeno o Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., a que aboe ao demandante a cantidade de 112.306,03 € líquidos, polos salarios devindicados entre agosto de 2012 e xaneiro de 2013, e prima polo ascenso, incrementada nos xuros por demora que procedan. E ante a fase do procedemento concursal do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., debo desestimar e desestimo a demanda fronte á administración concursal do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma ao administrador concursal do Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de abril de 2015

A secretaria xudicial