Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal á interesada (expediente OU-2011/00364).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación á interesada que se indica a continuación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004, Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 20 de abril de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesada

NIF

OU-2011/00364

Rafaela Cortez Pinheiro da Silva

FB030554