Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 24 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se acorda deixar aberta, por un prazo de tres meses, a poxa pública para a venda dunha serie de lotes de bens mobles.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 23 de abril de 2015 acordouse, de conformidade co artigo 72 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio, deixar aberta por un prazo de tres meses a poxa pública para a venda dos seguintes lotes de bens mobles:

• Lote 1.

1. Anel de ouro deteriorado de 750 mm e pedras sintéticas.

2. Anel antigo deteriorado de ouro branco e amarelo de 750 mm con pedras sintéticas.

3. Cadea de ouro 750 mm.

4. Anel de prata deteriorado 925 mm.

5. Anel de prata con perliña sintética e cristal deteriorada.

6. Anel de ouro 750 mm con bola coral 8 mm.

7. Colar de bixutaría abelorios de cristal.

8. Pendentes de metal con abelorios de cristal.

9. Dúas pulseiras de ouro 750 mm.

10. Alianza de prata de tres pezas 925 mm.

11. Anel prata de pedras sintéticas 925 mm.

Prezo mínimo: 369,25 euros.

• Lote 2.

1. Dúas alianzas de ouro 750 mm.

2. Pendente de bixutaría.

3. Selo de ouro 750 mm e rubí sintético.

4. Xogo de anel e pendente desaparellado de ouro branco, amarelo e circonita.

Prezo mínimo: 380,10 euros.

• Lote 3.

1. Reloxo mecánico de señora, Omega, caixa e armis de ouro, con cadea de seguridade e moeda de Afonso XII 750 mm.

2. Cruz de metal.

3. Imperdible con moeda.

4. Alfinete de cristal.

5. Alfinete de perla.

6. Broche de fantasía.

7. Broche de fantasía.

Prezo mínimo: 840 euros.

• Lote 4.

1. Anel de ouro e ouro branco con rosa de Francia 750 mm.

2. Pulseira malla princesa de ouro 750 mm.

3. Broche de fantasía de metal con marcasitas.

4. Broche de fantasía.

5. Pulseira de malla Cartier con botafumeiro prata.

Prezo mínimo: 1.142,12 euros.

• Lote 5.

1. Cruz de prata con Apóstolo de marfil, cadea de ouro, cruz con zafiros tres facetas e horóscopo de ouro 750 mm.

2. Escrava malla húngara con horóscopo de ouro 750 mm.

3. Pulseira de ouro malla barbada con colgantes 750 mm.

4. Anel de ouro con pedra azul desprendida 750 mm.

Prezo mínimo: 819 euros.

• Lote 6.

1. Anel de ouro con perla cultivada xaponesa (mabe) 750 mm.

2. Broche de ouro con forma de folla e broche de ouro con rubí sintético e diamante talla tres facetas 750 mm.

3. Pendentes aro de ouro (crioulas) 750 mm.

4. Xemelgos de metal.

5. Reloxo Casio deteriorado.

6. Reloxo Justina e reloxo Jean Bellve deteriorados.

7. Reloxo de peto de metal deteriorado.

8. Reloxo de aceiro Stowa mecánico deteriorado.

9. Pendentes de ouro 750 mm.

10. Broche con cristais.

Prezo mínimo: 427 euros.

• Lote 7.

1. Anel de ouro setenario 750 mm.

2. Anel de ouro e rubí sintético 750 mm.

3. Anel de ouro, rubí sintético e zafiros brancos tres facetas 750 mm.

4. Anel de ouro con amatista 750 mm.

5. Anel de ouro con cristal 750 mm.

6. Anel de ouro e prata, tresillo, con pequenos diamantes talla antiga 750 mm.

7. Anel de ouro con camafeo 750 mm.

8. Anel de ouro con moedas 750 mm.

9. Anel de ouro 750 mm.

10. Anel de ouro 750 mm.

11. Anel de ouro branco e amarelo con zafiros 750 mm.

12. Alianza de ouro 750 mm.

13. Alianza de ouro 750 mm.

14. Alianza de ouro deteriorada 750 mm.

Prezo mínimo: 840 euros.

• Lote 8.

1. Abrigo de mouton dourado.

2. Abrigo de visón reversible Demi Buff.

Prezo mínimo: 500 euros.

Durante o prazo de tres meses contados a partir do presente anuncio, calquera interesado poderá presentar unha proposta de compra por escrito, sobre calquera dos lotes relacionados anteriormente, e polo prezo que o interesado determine, sempre e cando iguale ou supere o mínimo fixado. A proposta de compra deberá recoller o nome, DNI, domicilio e teléfono de contacto, e deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do depósito na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia do 25 % do prezo ofrecido. De estar interesados en varios lotes, será preciso a presentación dun xustificante individualizado por cada un dos lotes ofertados.

Poderán presentar proposicións todas as persoas que teñan capacidade para contratar e, en particular, para celebrar o contrato de compravenda segundo as normas contidas no Código civil. Non poderán participar as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, así como as que incorresen nos supostos previstos na normativa sobre incompatibilidades.

Se o ofertante é unha persoa xurídica, deberá presentar para acreditar a representación da persoa asinante a escritura notarial de constitución da sociedade e de poder específico ou xeral, este último inscrito debidamente no rexistro mercantil.

A documentación deberá presentarse en sobre pechado, no Rexistro Único da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano), con indicación no seu exterior, no anverso «Venda mobles VND/2013/0018», dirixido á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 de Santiago de Compostela, e no reverso a identificación do ofertante.

Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que non alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante da Caixa Xeral de Depósitos e aquelas con condicións ou que de forma clara non permitan determinar a oferta de compra.

Transcorrido o prazo, procederase a anunciar unha nova poxa pública e establecerase como tipo de licitación a mellor oferta presentada. Con anterioridade á poxa, procederase á devolución dos depósitos constituídos para garantir as ofertas de cantidades inferiores á que sirva de tipo para a nova poxa.

As condicións da adquisición que rexerán na cuarta poxa pública que teña lugar, de ser o caso, na cal poderá tomar parte calquera interesado aínda que non presentase ningunha solicitude dentro deste período de tres meses, serán as recollidas no prego de condicións correspondente ás tres poxas públicas anteriores, que estarán á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio; rúa A Pastoriza, 8, 2º andar, Santiago de Compostela.

A proposición que sirva de tipo para a poxa producirá plenos efectos, aínda que o ofertante non compareza no acto da súa realización, polo que se o ben lle fose adxudicado perderá o depósito no caso de non efectuar o pagamento do prezo total dentro do prazo de 15 días a partir da notificación de adxudicación.

No caso de que durante este prazo de tres meses se presenten ofertas económicas de igual contía e non concorra ningún propoñente nin interesado ao acto de poxa pública, a adxudicación recaerá sobre o que primeiro presentase a súa oferta, para o cal se atenderá á data de entrada no rexistro sinalado na convocatoria.

Se durante este prazo de tres meses non se presenta ningunha proposta por escrito sobre algún dos lotes, desistirase definitivamente deste procedemento de venda.

Para máis información poderán dirixirse á Subdirección Xeral do Patrimonio. Teléfono: 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2015

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda