Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO polo que se publican os cesamentos e nomeamentos de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Dáse publicidade á resolución da Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela, do 23 de marzo de 2015, pola que, en execución da sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo) o 5 de xuño de 2014 (procedemento ordinario 300/2012), e execución do auto ditado pola mesma sala o 29 de xaneiro de 2015 (execución definitiva 30/2014), se efectúan os cesamentos e nomeamentos de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional que a seguir se relacionan:

* Cesamento de Juan Manuel Salguero del Valle, con DNI 09746879P como secretario xeral do Pleno do Concello de Santiago de Compostela, ao resultar nulo de pleno dereito o seu nomeamento para tal posto.

* Cesamento de Vicente Calvo del Castillo, con DNI 50293899Y como interventor xeral do Concello de Santiago de Compostela, ao resultar nulo de pleno dereito o seu nomeamento para tal posto.

* Cesamento de Inmaculada Viña Carregal, con DNI 33228982P como interventora de apoio do Concello de Santiago de Compostela, ao desaparecer a praza que ocupa en virtude da declaración de nulidade da súa creación que a sentenza efectúa.

* Cesamento de Francisco Javier Castiñeira Izquierdo, con DNI 50539805L como secretario de apoio do Concello de Santiago de Compostela, ao desaparecer a praza que ocupa en virtude da declaración de nulidade da súa creación que a sentenza efectúa.

* A reposición de Inmaculada Viña Carregal no posto de interventora xeral do Concello de Santiago de Compostela, no que cesou por Acordo da Xunta de Goberno Local do día 21 de marzo de 2012.

* A reposición de Francisco Javier Castiñeira Izquierdo no posto de secretario xeral do Pleno do Concello de Santiago de Compostela, no que cesou en virtude de Resolución da Alcaldía do 21 de marzo de 2012.

Así mesmo, faise público que os efectos económicos e administrativos da resolución da Alcaldía pola que se dispoñen os cesamentos e nomeamentos mencionados son do 23 de marzo de 2015.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2015

P.D. (Decreto da Alcaldía do 9.7.2014)
Manuel Martínez Varela
Concelleiro delegado de Réxime Interior e Administración Pública