Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación de servizos para a xestión parcial, docencia e desenvolvemento da Escola Municipal de Teatro.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 16769-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión parcial, desenvolvemento e impartición de docencia para as actividades de formación en teatro que o Concello de Vigo programa anualmente a través da Escola Municipal de Teatro (EMT).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro (4) anos. Prórroga: si; dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 369.968,48 euros (contrato exento de IVE).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 30 de abril de 2015

P.D. (Decreto 29.7.2014 e Acordo do 30.7.2014)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación