Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de apertura do prazo de convocatoria pública de subvencións en concorrencia competitiva en materia de cultura e servizos sociais.

Aprobadas por Resolución da Alcaldía-Presidencia do 20.4.2015, as bases reguladoras da convocatoria pública de subvencións municipais do Concello de Ribadeo para o exercicio 2015, referente a actividades culturais e de asistencia e benestar social, faise público un extracto destas, así como a apertura de prazo para presentación de solicitudes, co seguinte teor:

Finalidade e obxecto. Esta convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas para que os interesados realicen as seguintes actividades: culturais e de asistencia e benestar social e, con carácter xeral, todas aquelas actividades de interese para os veciños do concello que representen unha mellora da calidade de vida deles ou da cohesión social.

As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo ás partidas 2015.231.48900 «Servizos sociais. Transferencias correntes» por un importe máximo de 16.000,00 € e 2015.334.48900 «Promoción da cultura. Transferencias correntes» por un importe máximo de 7.000,00 €.

Destinatarios. Poderán solicitar estas subvencións as entidades e asociacións sen finalidade de lucro, domiciliadas en Ribadeo, legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións; as persoas físicas ou colectivos para iniciativas temporais de interese cidadán, sen ánimo de lucro, sempre que, en ambos os casos, non teñan recoñecida subvención nominativa nos orzamentos municipais.

Excepcionalmente, cando a actividade teña interese para o municipio, xa sexa de carácter social, económico ou humanitario, poderase conceder unha subvención a entidades foráneas ou non inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. A fundamentación do dito interese acreditarase mediante a achega dunha memoria o efecto.

Procedemento e prazo. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación destas bases ou o seu extracto nos diarios oficiais correspondentes (BOP de Lugo e/ou DOG). Tomarase como data para o inicio do prazo a da última publicación que se realice. O procedemento de concesión seguirase conforme o artigo 22 da Lei de subvencións de Galicia, con carácter abreviado, e poderanse presentar conxuntamente a solicitude e a xustificación, de ser o caso.

Documentación que cómpre presentar. A que figura na base 5ª das aprobadas pola resolución da Alcaldía; existen modelos á disposición dos solicitantes na páxina web www.ribadeo.org e nas oficinas municipais.

Xustificación. O prazo de xustificación rematará o 15 de decembro de 2015, e deben presentar a documentación a que se refire o artigo 9 das bases.

Poderase consultar o texto íntegro das bases reguladoras nas dependencias municipais e na páxina web www.ribadeo.org

Ribadeo, 20 de abril de 2015

Fernando Suárez Barcia
Alcalde