Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18855

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (114/2014).

Procedemento ordinario 114/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Magaly Chávez Bares

Avogado: Felipe Carlos Martínez Ramonde

Demandados: Hostelería Unida, S.A. (Hotel Husa Center), Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., administrador concursal José Manuel Calavia Molinero, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 114/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Magaly Chávez Bares contra Hostelería Unida, S.A. (Hotel Husa Center), Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., administrador concursal José Manuel Calavia Molinero, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre reclamación de cantidade –procedemento ordinario–, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Magaly Chávez Bares contra as entidades Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., Hostelería Unida, S.A. (Hotel Husa Center), e a administración concursal de Hostelería Unida, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., Hostelería Unida, S.A. e a súa administración concursal a que lle aboen ao demandante a cantidade de 1.776,33 € brutos polos salarios devindicados no mes de xaneiro e febreiro de 2013, a compensación económica por vacacións non gozadas ano 2013 e os dous festivos traballados en 2013, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor ningún recurso. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hostelería Unidad, S.A. (Hotel Husa Center) e Habitalia Viviendas Modulares del Hormigón, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de abril de 2015

A secretaria xudicial