Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18854

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (346/2012).

Encarnación Mercedes Tubío, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 346/2012 por instancia de Ana María Vidal Rodríguez contra a empresa Francisco José López Santos, sobre seguridade social, nos cales se ditou sentenza o 17 de abril de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Francisco José López Santos e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Francisco José López Santos a que reintegre á mutua demandante a cantidade de 229,36 euros en concepto de prestacións de incapacidade temporal aboadas por esta ao traballador Francisco Javier González Dopico.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Francisco José López Santos expido e asino a presente edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2015

A secretaria xudicial