Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18853

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (803/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 803/2012 por instancia de Víctor Ángel Fernández Rodríguez contra Marineda Ruta 63, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 17.4.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

1º. Estímase a demanda formulada por Víctor Ángel Fernández Rodríguez fronte a Sirelia, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Sirelia, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de dous mil novecentos cincuenta e oito con e dez euros (2.958,10 euros), devindicando os conceptos salariais os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Todo iso con imposición á parte demandada das custas procesuais causadas, incluídos os honorarios do letrado ata o límite de seiscentos euros.

2º. Absólvese a codemandada Marineda Ruta 63, S.L das pretensións contra esta exercidas.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Marineda Ruta 63, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de marzo de 2015

A secretaria xudicial