Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18849

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 576/2014-F).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 576/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana Paula Prats Edllibov contra a empresa Restaurante O Candil 2, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza: 112/2015

Número de autos: 576/2014

Na cidade da Coruña, vinte e seis de febreiro de dous mil quince

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do Xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Ana Paula Prats Edllibov, que comparece asistida do letrado Carlos Rama Pico, e doutra como demandado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que comparece representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, e Restaurante O Candil 2, que comparece representado polo seu administrador único José Manuel García Caamaño.

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Ana Laura Prats Edllibov contra José Manuel García Caamaño (Restaurante O Candil 2), con intervención do Fogasa, e absolvo a entidade demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Restaurante O Candil 2, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de abril de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial