Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de atención baseado en help-desk a usuarios de sistemas de información dos hospitais, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco dos programas operativos Feder Galicia 2007-2013 e Galicia 2014-2020 (expediente AI-SER1-15-025).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 29 de maio de 2015.

a) Número de expediente: AI-SER1-15-025.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de atención baseado en help-desk a usuarios de sistemas de información dos hospitais do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/7.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72590000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Proposta de prestación de servizo e metodoloxía de traballo que se utilizará

0-50

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Valores e horario de prestación do servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 3.386.880 euros.

5. Orzamento base de licitación:

– Importe neto: 1.411.200 euros. Importe total: 1.707.552 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Lote 1: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B.

Lote 2: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B.

Lote 3: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B.

Lote 4: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B.

Lote 5: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B.

Lote 6: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B.

Lote 7: grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 29 de maio de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 do décimoprimeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23.4.2015.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos