Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario, procedemento aberto multicriterio e contratación documentalmente simplificada, pola Consellería de Sanidade da obra de reformas varias no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo, cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (expediente AB-SER3-15-002).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obra: reformas varias no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo, cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

3. Nº de expediente: AB-SER3-15-002.

4. CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

5. Orzamento total sen IVE: 199.989,27 €.

6. Orzamento total con IVE: 241.987,02 €.

7. Prazo de execución: 3,5 meses.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 3, categoría c.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do prego.

c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 13.III da folla de especificacións do prego.

9. Garantía provisional: non se exixe.

10. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

11. Forma de tramitación: ordinaria

12. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

13. Exposición de proxectos e pregos: poderanse obter os pregos de cláusulas administrativas particulares e o proxecto desta contratación no perfil de contratante http://www.sergas.es/ .

14. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

15. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta licitación. Contratación documentalmente simplificada.

16. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e nos puntos 3.5 e 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.

17. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil de contratante http://www.sergas.es/ .

18. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos