Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (53/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 53/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Soledad Felisa Anguiano Igea, María Esther Barreiro Nogareda, Pablo Cebey Quintáns, José Manuel Castillo Navarro, Beatriz Pérez Louro, María Laura Neira Carbajales contra a empresa Fogasa, Laboratorios Diasa Pharma, S.A., Paulino González Canseco, Manuel Adenso Iglesias Olle, Alejandro Alvargonzález Tremas, Alberto Martín Baragaña, Laboratorio Farmacéutico Instituto Farmacológico Español, S.L., Innovis, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución:

María Laura Neira Carbajales e Pablo Cebey Quintáns téñense por desistidos da demanda que deu lugar á incoación dos presentes autos de procedemento ordinario número 53/2011, e decrétase respecto destes o arquivamento do procedemento.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por José Manuel Castillo Navarro, Beatriz Pérez Blanco, María Esther Barreiro Nogareda, Soledad Felisa Anguiano Igea, contra Laboratorios Diasa Pharma, S.A., Manuel Adenso Iglesias Olle, Alejandro Alvar González Tremas, Paulino González Canseco, Alberto Martín Baragaña, Innovis Laboratorios, S.L. (anteriormente Instituto Farmacológico Español, S.L.), e contra o Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Que debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a que se lles aboen as cantidades de 5.509,38 euros a José Manuel Castillo Navarro, de 5.319,21 euros a Beatriz Pérez Louro, de 33.036,702 euros a María Esther Barreiro Nogareda, e de 19.638,70 euros a Soledad Felisa Anguiano Igea, en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral que os unía con Laboratorios Diasa Pharma, S.A., e debo condenar e condeno a Laboratorios Diasa Pharma, S.A. a que así o recoñeza, acate e aboe xunto cos xuros legais do artigo 1108 do Código civil.

2. Que debo condenar e condeno a Manuel Adenso Iglesias Olle, Alejandro Alvar González Tremas, Paulino González Canseco, Alberto Martín Baragaña, na súa soa condición de administradores concursais de Laboratorios Diasa Pharma, S.A., a avirse á anterior declaración.

3. Que debo absolver e absolvo a Innovis Laboratorios, S.L. (antes Instituto Farmacológico Español, S.L.) de todas as peticións deducidas na súa contra.

4. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse, se é o caso, o que resulte conforme ao artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Laboratorios Diasa Pharma, S.A., a Manuel Adenso Iglesias Olle e a Alejandro Alvargonzález Tremas, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial da Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2015

A secretaria xudicial