Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18735

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (273/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 273/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Servicios Integrales del Noroeste, S.L., José Pan Lesta, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a José Pan Lesta e a Servicios Integrales del Noroeste, S.L. das pretensións formuladas contra eles, e debo revogar e revogo a Resolución do 5 de decembro de 2013, da Dirección Provincial da Coruña do Instituto Nacional da Seguridade Social, e debo declarar e declaro a José Pan Lesta afecto dunha incapacidade permanente parcial, con dereito á percepción da prestación que legalmente lle corresponda cos efectos e na contía regulamentaria. Por último, debo condenar e condeno o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social a se ater a tal declaración e á regularización e/ou devolución das prestacións ingresadas pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, e anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se arquivará.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Integrales del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de abril de 2015

A secretaria xudicial