Mediante Orde do 28 de xaneiro de 2015 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro), a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou unha liña de subvencións para o ano 2015, que establecía as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos que conten con AVPC inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, de equipamentos de emerxencias cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 6, números 2 e 3, da referida orde,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicar con cargo á aplicación 05.25.212A.624.0, código de proxecto 2015 00132, programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 53, Protección de riscos, os equipamentos de emerxencia relacionados no anexo.
Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír material non adxudicado, por posibles renuncias ou por nova adquisición. Na repartición deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación. En todo caso, esta segunda asignación non afectará a distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.
Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 8.2.d) da Orde do 28 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2015 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos ao cal se lle conceda o equipamento solicitado disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.
Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, a acta de cesión do equipamento concedido realizarase no prazo estimado de tres meses contados desde a data de recepción daquela. Non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento previstos nos correspondentes contratos derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, número 2015-SUEI 01-06/EM, por importe de 4.508.944,00 euros, publicado no DOUE do 2.1.2015.
Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015
P.D. (Disposición derradeira primeira da Orde do 28 de xaneiro de 2015)
Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
NIF |
Concello, asociación ou mancomunidade |
Material cedido |
P1500100A |
Abegondo |
Todoterreo tipo pick up |
P1500400E |
Ares |
Embarcación de máis de 5,20 m Vehículo furgón |
P1500500B |
Arteixo |
Vehículo furgón |
P1500800F |
Bergondo |
Todoterreo tipo pick up |
P1500900D |
Betanzos |
Todoterreo tipo pick up Remolque con toldo presurizado |
P1501000B |
Boimorto |
Esparexedor de sal |
P1501100J |
Boiro |
Vehículo furgón Remolque con toldo presurizado |
P1501200H |
Boqueixón |
Remolque emerxencias |
P1501300F |
Brión |
Esparexedor de sal |
P1501400D |
Cabana de Bergantiños |
Remolque de emerxencias |
P1501700G |
Cambre |
Remolque de emerxencias |
P1501900C |
Carballo |
Vehículo furgón Remolque con toldo presurizado |
P1502000A |
Carnota |
Embarcación de máis de 5,2 m |
P1502200G |
Cedeira |
Remolque de emerxencias Remolque con toldo presurizado |
P1502300E |
Cee |
Remolque con toldo presurizado Vehículo furgón |
P1502400C |
Cerceda |
Esparexedor de sal Remolque de emerxencias |
P1502800D |
Corcubión |
Embarcación de 3,95 a 4,5 m |
P1502900B |
Coristanco |
Remolque de emerxencias |
P1503100H |
Culleredo |
Todoterreo tipo pick up |
P1503200F |
Curtis |
Vehículo furgón |
P1503400B |
Dumbría |
Remolque con toldo presurizado |
P1503600G |
Fene |
Vehículo furgón |
P1503800C |
Fisterra |
Remolque de emerxencias |
P1504200E |
Laracha, A |
Remolque de emerxencias |
P1504400A |
Malpica de Bergantiños |
Embarcación de máis de 5,20 m Remolque de emerxencias |
P1504700D |
Melide |
Vehículo furgón |
P1504900J |
Miño |
Embarcación de máis de 5,20 m Vehículo furgón |
P1505400J |
Muros |
Embarcación de máis de 5,20 m Remolque de emerxencias |
P1505300B |
Muxía |
Vehículo furgón Embarcación de máis de 5,20 m |
P1505500G |
Narón |
Todoterreo tipo pick up Remolque con toldo presurizado |
P1505800A |
Noia |
Vehículo furgón |
P1505900I |
Oleiros |
Vehículo furgón |
P1506000G |
Ordes |
Vehículo furgón |
P1506100E |
Oroso |
Vehículo furgón |
P1506200C |
Ortigueira |
Vehículo furgón |
P1506300A |
Outes |
Vehículo furgón |
P1506500F |
Paderne |
Vehículo furgón |
P1506600D |
Padrón |
Remolque con toldo presurizado |
P1506800J |
Pobra do Caramiñal, A |
Embarcación de 3,95 a 4,5 m |
P1506900H |
Ponteceso |
Remolque de emerxencias |
P1507000F |
Pontedeume |
Remolque de emerxencias |
P1507100D |
Pontes de García Rodríguez, As |
Todoterreo tipo pick up Esparexedor de sal |
P1507200B |
Porto do Son |
Todoterreo tipo pick up Embarcación de 3,95 a 4,5 m |
P1507300J |
Rianxo |
Todoterreo tipo pick up |
P1507400H |
Ribeira |
Todoterreo tipo pick up |
P1507500E |
Rois |
Remolque de emerxencias |
P1507800I |
Santa Comba |
Todoterreo tipo pick up |
P1508300I |
Teo |
Remolque de emerxencias |
P1508900F |
Val do Dubra |
Remolque de emerxencias |
P1508800H |
Valdoviño |
Remolque de emerxencias |
P1509000D |
Vedra |
Remolque de emerxencias |
P1509300H |
Vimianzo |
Remolque de emerxencias |
P2700500H |
Barreiros |
Todoterreo tipo pick up |
P2700600F |
Becerreá |
Vehículo furgón Esparexedor de sal |
P2706800F |
Burela |
Remolque de emerxencias |
P2701300B |
Cervo |
Vehículo furgón |
P2701700C |
Folgoso do Courel |
Esparexedor de sal |
P2701800A |
Fonsagrada, A |
Remolque de emerxencias Esparexedor de sal |
P2701900I |
Foz |
Embarcación de 3,95 a 4,5 m |
P2702000G |
Friol |
Todoterreo tipo pick up Remolque con toldo presurizado |
P2702200C |
Guitiriz |
Remolque de emerxencias |
P2702400I |
Incio, O |
Remolque de emerxencias |
P2703000F |
Mondoñedo |
Todoterreo tipo pick up |
P2703800I |
Ourol |
Todoterreo tipo pick up |
P2704000E |
Palas de Rei |
Vehículo furgón |
P2704600B |
Pol |
Remolque de emerxencias |
P2704800H |
Pontenova, A |
Vehículo furgón Esparexedor de sal |
P2704900F |
Portomarín |
Vehículo furgón |
P2705000D |
Quiroga |
Esparexedor de sal |
P2705100B |
Ribadeo |
Todoterreo tipo pick up |
P2705200J |
Ribas de Sil |
Remolque de emerxencias Esparexedor de sal |
P2705900E |
Sober |
Vehículo furgón |
P2706500B |
Vilalba |
Todoterreo tipo pick up Esparexedor de sal |
P2706700H |
Viveiro |
Todoterreo tipo pick up |
P2702100E |
Xermade |
Vehículo furgón |
P3200200H |
Allariz |
Vehículo furgón |
P3200300F |
Amoeiro |
Remolque de emerxencias |
P3200500A |
Avión |
Esparexedor de sal Remolque de emerxencias |
P3200600I |
Baltar |
Vehículo furgón |
P3200700G |
Bande |
Todoterreo tipo pick up |
P3200800E |
Baños de Molgas |
Vehículo furgón Remolque con toldo presurizado |
P3200900C |
Barbadás |
Vehículo furgón Remolque con toldo presurizado |
P3201000A |
Barco de Valdeorras, O |
Remolque de emerxencias Esparexedor de sal |
P3201700F |
Calvos de Randín |
Esparexedor de sal |
P3201900B |
Carballeda de Avia |
Esparexedor de sal |
P3202000J |
Carballiño, O |
Todoterreo tipo pick up Remolque con toldo presurizado |
P3202300D |
Castrelo de Miño |
Embarcación de máis de 5,20 m Remolque de emerxencias |
P3202400B |
Castro Caldelas |
Remolque de emerxencias Esparexedor de sal |
P3202500I |
Celanova |
Vehículo furgón |
P3203000I |
Chandrexa de Queixa |
Todoterreo tipo pick up Esparexedor de sal |
P3202700E |
Coles |
Todoterreo tipo pick up |
P3203100G |
Entrimo |
Esparexedor de sal |
P3203200E |
Esgos |
Esparexedor de sal |
P3203400A |
Gomesende |
Remolque de emerxencias |
P3203500H |
Gudiña, A |
Todoterreo tipo pick up Esparexedor de sal |
P3203900J |
Larouco |
Remolque de emerxencias |
P3204300B |
Lobios |
Remolque de emerxencias |
P3204500G |
Manzaneda |
Todoterreo tipo pick up Esparexedor de sal |
P3205200C |
Muíños |
Todoterreo tipo pick up Remolque con toldo presurizado |
G32377921 |
Parada de Sil |
Remolque de emerxencias |
P3205900H |
Pereiro de Aguiar, O |
Remolque de emerxencias |
P3206200B |
Piñor |
Todoterreo tipo pick up Esparexedor de sal |
P3206400H |
Pobra de Trives, A |
Todoterreo tipo pick up |
P3206300J |
Porqueira |
Vehículo furgón Esparexedor de sal |
P3206800I |
Rairiz de Veiga |
Vehículo furgón |
P3207000E |
Ribadavia |
Vehículo furgón |
P3207200A |
Riós |
Vehículo furgón Esparexedor de sal |
P3207300I |
Rúa, A |
Vehículo furgón |
P3207900F |
Sarreaus |
Esparexedor de sal |
P3208200J |
Toén |
Esparexedor de sal |
P3208400F |
Veiga, A |
Todoterreo tipo pick up Esparexedor de sal |
P3208600A |
Verín |
Todoterreo tipo pick up |
P3208700I |
Viana do Bolo |
Esparexedor de sal |
P3209000C |
Vilar de Barrio |
Vehículo furgón |
P3209300G |
Vilariño de Conso |
Esparexedor de sal Remolque de emerxencias |
P3203300C |
Xinzo de Limia |
Todoterreo tipo pick up Remolque con toldo presurizado |
P3602000F |
Agolada |
Esparexedor de sal Vehículo furgón |
P3600400J |
Bueu |
Remolque de emerxencias |
P3600500G |
Caldas de Reis |
Todoterreo tipo pick up Embarcación de 3,95 a 4,5 m |
P3600600E |
Cambados |
Todoterreo tipo pick up |
P3600800A |
Cangas |
Todoterreo tipo pick up Remolque con toldo presurizado |
P3601100E |
Cerdedo |
Esparexedor de sal Remolque de emerxencias |
P3601500F |
Cuntis |
Vehículo furgón Remolque con toldo presurizado |
P3601700B |
Estrada, A |
Vehículo furgón Esparexedor de sal |
P3602200B |
Grove, O |
Remolque con toldo presurizado Remolque de emerxencias |
P3602300J |
Guarda, A |
Embarcación de máis de 5,20 m Remolque de emerxencias |
P3602400H |
Lalín |
Todoterreo tipo pick up |
P3603200A |
Moraña |
Remolque emerxencias |
P3603300I |
Mos |
Todoterreo tipo pick up |
P3604100B |
Poio |
Vehículo furgón Embarcación de 3,95 a 4,5 m |
P3604200J |
Ponteareas |
Todoterreo tipo pick up |
P3604400F |
Pontecesures |
Remolque de emerxencias |
P3603900F |
Porriño, O |
Todoterreo tipo pick up Remolque con toldo presurizado |
P3604500C |
Redondela |
Embarcación de 3,95 a 4,5 m |
P3604600A |
Ribadumia |
Todoterreo tipo pick up |
P3605100A |
Sanxenxo |
Embarcación de máis de 5,20 m |
P3605400E |
Tomiño |
Todoterreo tipo pick up |
P3605600J |
Valga |
Todoterreo tipo pick up Remolque con toldo presurizado |
P3606000B |
Vilagarcía de Arousa |
Todoterreo tipo pick up Embarcación de 3,95 a 4,5 m |
P3606100J |
Vilanova de Arousa |
Vehículo furgón Remolque con toldo presurizado |
P3204000H |
Asociación dos concellos de Laza, Monterrei, Castrelo de Val e Oímbra |
Todoterreo tipo pick up Esparexedor de sal |
P8605705F |
Mancomunidade de Val Miñor |
Todoterreo tipo pick up Embarcación de 3,95 a 4,5 m |
P3200021H |
Mancomunidade do Ribeiro |
Vehículo furgón |