Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18666

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se dá publicidade á solicitude formulada pola Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra para a súa fusión.

De conformidade co previsto no artigo 11.2 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, acórdase dar publicidade á solicitude presentada pola Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra para a súa fusión nunha cámara única.

A devandita solicitude foi aprobada por acordo adoptado o 25 de marzo de 2015 polo Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, por acordo adoptado o 25 de marzo de 2015 polo Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa e por acordo adoptado o 24 de abril de 2015 polo Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio