Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18728

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (550/2014).

María del Carmen Fernández Matas, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, mediante o presente edicto

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 550/2014 seguido por instancia de Beryl Anne Josey Biggs e José María Fernández Filgueiras fronte a José María Rivas Fernández e Otilia Beceiro Lamigueiro ditouse sentenza nº 81/2015 con data do 16 de marzo de 2015 cuxo encabezamento e parte dispositiva literalmente din:

“Ana Barral Picado, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos de Ferrol, vistos os autos correspondentes ao xuízo ordinario seguido ante este xulgado con número indicado na marxe promovido por Beryl Anne Josey Biggs e José María Fernández Filgueiras Banco Santander, S.A. representados pola procuradora Sra. Rodríguez Seijas e baixo a dirección letrada da Sra. Vigo Santamaría contra José María Rivas Fernández e Otilia Beceiro Lamigueiro en rebeldía procesual, dita a presente con base nos seguintes”

“Que estimando integramente a demanda promovida por Beryl Anne Josey Biggs e José María Fernández Filgueiras Banco Santander, S.A. representados pola procuradora Sra. Rodríguez Seijas contra José María Rivas Fernández e Otilia Beceiro Lamigueiro en rebeldía procesual, debo condenalos e condénoos solidariamente ao pagamento de dezaoito mil cincocentos euros (18.500 €), xuros e custas.

Notifíquese ás partes con advertencia de que é firme e de que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo”.

E encontrándose os ditos demandados José María Rivas Fernández e Otilia Beceiro Lamigueiro en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma a estes.

Ferrol, 18 de marzo de 2015

A secretaria xudicial