Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 12 de maio de 2015 Páx. 18729

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (271/2014).

Damián Vega de las Heras, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín, fago saber que no presente procedemento de garda e custodia, réxime de visitas e alimentos número 271/2014, seguido por instancia de Raquel Salgado Teixeira fronte a Nuno Roberto Dos Santos Martins se ditou sentenza co número 32/2015 e cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Acordo atribuír a Raquel Salgado Teixeira a garda e custodia sobre a menor Aysha dos Santos Salgado.

Non se efectúa pronunciamento en materia de custas.

Así, por esta miña sentenza, contra a que cabe recurso de apelación, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Roberto Porto García, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín».

E para que conste e sirva de notificación a Nuno Roberto Dos Santos Martins, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Verín, 8 de abril de 2015

O secretario xudicial