Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 14 de abril de 2015, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-S-6/2015 por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a seguir a incoación ditada pola xefatura da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, da Axencia Turismo de Galicia, do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-6/2015, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Concédese un prazo de quince días, de conformidade cos artigos 3.2 e 16.1 do Real decreto 1398/1993, para que os interesados presenten as alegacións, os documentos e a información que consideren convenientes ou, de ser o caso, propoñan probas concretando os medios dos cales se pretendan valer. Unha vez expirado o prazo sen formular alegacións, este acordo considerarase proposta de resolución de acordo co disposto no artigo 13.2 do citado real decreto.

Expediente: PO-S-6/2015.

Titular interesada: Jusblan, C.B.

Establecemento: Café-Bar Maloserá.

Enderezo: r/ Pilar 4.

Concello: Vigo.

Data da incoación: 3 de febreiro.

Feitos imputados: incumprir o deber de exhibir os distintivos, os carteis, a lista de prezos e a documentación exixida pola normativa turística, así como exhibilos sen as formalidades requiridas.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 900 euros, de conformidade co establecido no artigo 116.1.f) da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Pontevedra, 14 de abril de 2015

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra