Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de xestión da seguridade corporativa dos sistemas de información da Xunta de Galicia (expediente 23/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 23/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de xestión da seguridade na plataforma tecnolóxica relativa a infraestruturas e aplicacións corporativas da Xunta de Galicia xestionadas pola Amtega.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses desde a súa formalización.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 490.000,00 €, máis 102.900,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 592.900,00 €, que se distribúen nas seguintes anualidades:

– 2015: 20.416,67 € + IVE (4.287,50 €)= 24.704,17 €.

– 2016: 245.000,00 € + IVE (51.450,00 €)= 296.450,00 €.

– 2017: 224.583,33 € + IVE (47.162,50 €)= 271.745,83 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22591

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 3.6.2015, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 29.1.2015.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 5.5.2015.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia