Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 20 de xaneiro de 2015.

Referencia: 12-19-13-C-2.

Obxecto: explotación dunha zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións.

Porto: Malpica de Bergantiños.

Concesionario: Aplicaciones Tecnológicas Acyrnor, S.L.

Prazo: ata o 20 de xaneiro de 2020.

Taxas: 12.935,07 €/ano en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS.

– Resolución: 4 de febreiro de 2015.

Referencia: 13-04-12-C-1.

Obxecto: modificación substancial para autorizar cambio de tipoloxía e volume da nave de servizos e instalación dun pantalán de espera.

Porto: O Xufre.

Concesionario: Outros Adaxes, S.L.

Prazo: 4 de outubro de 2027.

Taxas: 53.607,4 €/ano en concepto de TODP e o 3 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS.

–Resolución: 12 de febreiro de 2015.

Referencia: 12-37-13-C-1.

Obxecto: ocupación de edificio para almacén de embarcacións tradicionais.

Porto: Portocubelo.

Concesionario: Asociación Cultural Canle de Lira.

Prazo: 12 de febreiro de 2025.

Taxas: 821,39 €/ano en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS

– Resolución: 27 de febreiro de 2015.

Referencia: 12-12-12-C-1.

Obxecto: ocupación de edificio para deportes náuticos.

Porto: Betanzos.

Concesionario: Club Náutico Ría de Betanzos.

Prazo: 10 de marzo de 2025.

Taxas: 5.234,22 €/ano en concepto de TODP, o 1 % do volume de negocio xerado na instalación e un 2 % do importe anual da cifra neta de negocio relativa a máquina expendedora localizada nas instalacións do edificio en concepto de ACIS

– Resolución: 10 de marzo de 2015.

Referencia: 12-52-00-C-1.

Obxecto: construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións e vehículos automóbiles dos usuarios do porto e lavado de embarcacións.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionario: Suministros Hervaz, S.L.

Prazo: 7 de xuño de 2020.

Taxas: 879,72 €/ano en concepto de TODP, o 1 % do importe anual da cifra neta de negocio pola subministración a embarcacións e lavado destas e un 2 % do importe anual da cifra neta de negocio pola subministración a vehículos rodados dos usuarios do porto en concepto de ACIS.

– Resolución: 13 de marzo de 2015.

Referencia: 12-03-14-C-1.

Obxecto: ocupación de edificación para museo do mar.

Porto: Cariño.

Concesionario: Concello de Cariño.

Prazo: 17 de marzo de 2035.

Taxas: 2.404,95 €/ano en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio xerado na instalación en concepto de ACIS.

– Resolución: 23 de marzo de 2015.

Referencia: 12-13-14-C-2.

Obxecto: explotación da nave, parcela D2, para almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos complementarios.

Concesionario: Yatesport, S.A.

Prazo: 23 de marzo de 2020.

Taxas: 11.341,85 €/ano en concepto de TODP, o 1 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación en concepto de ACIS.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia