Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 1 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 11/2003.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa citada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia de seguridade e hixiene), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 1 de abril de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Preceptos

Data
da resolución

Infrinxidos

Sancionadores

Construcciones Drúa, S.L.

Rúa Alcalde Electo Carballo, 15, Culleredo (A Coruña)

B15756554

11/2003

Artigos 14.1 e 15.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e os 10-1 anexo IV, parte C, números 1.4 e 9.6 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, que aproba as disposicións mínimas de seguridade en obras de construción, e os artigos 207, 246 e 267 da Ordenanza laboral da construción, do 28 de agosto de 1970

Artigo 12.16 f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social

18 de marzo de 2015