Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña) para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59 (puntos 2º e 5º) e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 21 de abril de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

O expediente que se notifica é a Resolución do 22 e 27 de xaneiro de 2015 do secretario xeral do Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Núm. propietario

Apelidos e nome

1

Álvarez García, Dolores (rep. de Álvarez Carril, Evaristo)

596

Amado García, Fernando

96

Carrillo Pampín, Emilio

512

Varela Varela, Mª Teresa

540

Veres Vázquez, Isabel