Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Trazo (expediente IN407A 2014/158-1).

Expediente: IN407A 2014/158-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: LMTA reforzo SIG-804 Breixo-Carabeles.

Concello: Trazo.

Feitos.

1. O 16 de outubro de 2014 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Tramo LMT aérea SIG-804 Breixo-Carabeles a 20 kV, cunha lonxitude de 3,320 km, coa orixe en apoio número 16 existente para substituír da LMT SIG-804, onde se realice a derivación aos centros de transformación Carabeles (expediente 50.450) e Outeiro (expediente 196/08) condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no apoio nº 38 existente da LMT SIG-804, no tramo entre a derivada ao CT Nogalláns (expediente 3.512) para substituír e a derivada ao CT Breixo (expediente 32.237).

– LMT aérea a novo CT Nogalláns, a 20 kV cunha lonxitude de 0,015 km, coa orixe en apoio nº 27 existente para substituír da LMT SIG-804, onde está situado actualmente o CT Nogalláns (expediente 3512) para substituír, condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no novo CT Nogalláns (proxectado).

– CT intemperie Nogalláns cunha potencia de 50 KVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 26.11.2014.

– DOG: 5.1.2015.

– BOP: 22.12.2014.

– Xornal La Voz de Galicia: 19.12.2014.

– Taboleiro de anuncios do concello: do 3.2.2015 ao 25.2.2015.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

No certificado de exposición pública do concello indícase que non se formularon alegacións.

4. Durante o período durante o cal se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións.

– Rosa López Couselo (predios 24, 25 e 32):

Non se citan as razóns que levaron á declaración de utilidade pública da instalación, o cal provoca indefensión da reclamante e mostra o seu desacordo co trazado da liña, xa que existe un trazado alternativo que discorrería por un camiño público e que non afectaría os predios sobre as cales se pretende a expropiación.

Destas alegacións déuselle traslado ao promotor, quen contestou:

– Non foi acordada a declaración de utilidade pública das instalación, senón que a solicitude está sendo sometida ao trámite de información pública, conforme a lexislación de aplicación, para que todas as persoas interesadas poidan exercer os seus dereitos, sen que poida entenderse que se está a producir indefensión.

– En canto ás razón ou motivacións que leven á declaración de utilidade pública encóntranse referidas no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– En canto ao trazado, debése sinalar que as liñas eléctricas non poden discorrer por vieiros públicos, polo cal sempre se verían afectadas as parcelas lindeiras ao vieiro polas que obrigatoriamente debería trazarse a liña. No caso que nos ocupa debése sinalar ademais que se pretende a renovación dos cables condutores da liña eléctrica existente, e a substitución daqueles apoios que non teñen a altura ou esforzo preciso para as novas solicitacións mecánicas, e para o cal deron autorización 56 dos 60 propietarios afectados.

5. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos.

– Concello de Trazo: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.

– Augas de Galicia: consta informe favorable aceptado polo promotor.

– Telefónica: consta informe favorable aceptado polo promotor.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalación eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 235/2012, do 5 de decembro, que fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 233, do 7 de decembro).

– Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 140, do 24 de xullo), modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 183, do 25 de setembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar a localización das instalacións non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58 a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas por Rosa López Couselo e coas manifestacións de Unión Fenosa Distribución, S.A. cómpre sinalar:

– Que aínda non foi acordada a declaración de utilidade pública das instalacións. Esta declaración, neste tipo de instalación, baséase no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico: decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso.

– A proposta do trazado alternativo non pode ser avaliada xa que carece de concreción: “Esta parte non está de acordo co trazado alternativo que discorrería por camiño público e que non afectaría os predios sobre as que se pretende a expropiación”.

– Por outra banda, una modificación do trazado que evite os predios da alegante daría lugar a novos afectados.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

Resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuizo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña