Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2015/22-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT As Caldas, Partovia.

Situación: O Carballiño.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV, de 407 m, con condutor RHZ1 e con orixe no apoio nº D88-13 da LMT existente ALB803 O Carballiño 3 e remate no CT proxectado prefabricado As Caldas de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT subterránea a 20 kV, con condutor XZ1 derivada do CT proxectado As Caldas.

Orzamento: 87.586,20 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notifiación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as diligencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Ourense, 17 de abril de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO
Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Expediente nº 2015/22

Concello: O Carballiño

Provincial: Ourense

LMT, CT e RBT As Caldas, parroquida de Partovia

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome, apelidos e enderezo

Afeccións

CT M2

2

Costa de Bao

Erial

– Garriga e Hijos, S.L.

Repr. Jesús Garriga Domínguez

Praza Irmáns Prieto, 6, 32500 O Carballiño, Ourense

– Garriga e Hijos, S.L.

Repr. Carlos Garriga Domínguez

Rúa Rosalía de Castro, 10-12, 2º B, 32500 O Carballiño, Ourense

CT

16.0