Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de reclamación previa á vía xudicial civil 2013/71-5.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio que consta no expediente, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Xefatura Territorial de Vigo (Servizo de Familia e Menores) da Consellería de Traballo e Benestar, sita na rúa Concepción Arenal, 8, 1ª planta, 36201 (Vigo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO

Expediente: 2013/71-5.

Interesado: David Díaz Suárez.

último domicilio coñecido: r/ Soutelo, nº 1, piso 2º B, Pontevedra.

Acto de notificación: resolución reclamación previa á vía xudicial civil.

Expediente: 2013/71-5.

Interesada: Joana Prieto Carmuega.

Último domicilio coñecido: r/ Soutelo, nº 1, piso 2º B, Pontevedra.

Acto de notificación: resolución reclamación previa á vía xudicial civil.