Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de restauración, limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina, así como da montaxe e desmontaxe do Campamento Xuvenil de Penedos de Xacinto en Entrimo (Ourense). Contratación documentalmente simplificada.

A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

c) Número de expediente: 42/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servizo de restauración, limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina, así como a montaxe e desmontaxe do campamento xuvenil de Penedos de Xacinto en Entrimo (Ourense). Contratación documentalmente simplificada.

b) Prazo de execución: segundo os períodos relacionados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e nos de prescricións técnicas.

3. Procedemento e tramitación:

a) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Orzamento de licitación: 48.081,00 € (IVE incluído); o importe do IVE é de 4.371,00 €.

5. Garantía: definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (S/IVE).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.

b) Enderezo: avenida da Habana, número 79, 4º andar, 32004 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 68 30.

d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22427

7. Capacidade e solvencia das empresas:

a) Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional: a exixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que cómpre presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 68 30), correo electrónico ou telegrama no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avenida da Habana, 79, 4º andar, 32004 Ourense.

b) Data e hora: serán anunciadas no perfil do contratista:

http://www.contratosdegalicia.es/

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato (aproximadamente 5,42 € por liña).

Ourense, 13 de abril de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense