Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014373AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de marzo de 2015, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2014373AL-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Cunchas da Ría, S.L.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Cunchas da Ría, S.L. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de abril de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2014373AL-CO.

Interesada: Cunchas da Ría, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70301684.

Último enderezo coñecido: Porto de Rianxo, nave 37,15920 Rianxo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 853/2004 do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO 25 de xuño de 2004, núm. 226; rect. DO 13 de maio de 2010, núm. 119): anexo II: sección I: B: 5, 6, 7 e 8; anexo III: sección VII: capítulo VI: 2.

– Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixa procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOL núm. 31, do 1 febreiro): artigo 18.1 e 4.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo): artigo 6: 1 e 2; artigo 50.1: a), b), d); artigo 51.1: 1), 3), 4).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 4.000 €.