Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18091

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5274/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso suplicación 5274/2014 desta sala, seguido por instancia de Campus na Nube, S.L. (antes Tórculo Artes Gráficas, S.A.), Tórculo Artes Gráficas, S.A. contra Fogasa, Randstad Empleo ETT, S.A., subrogada Laboram-antes Vedior, Fotocopias Maxin, S.L.U., Unidixital, S.L., Beatriz Allo Recarey, administración concursal Fotocopias Maxin, S.L.U. (María Rodríguez Sierra) sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, do 25 de abril de 2014 nos autos número 915/2013, que confirmamos.

Déase o destino legal aos depósitos efectuados polas empresas recorrentes, ás cales condenamos a aboar os honorarios de letrado da parte demandante-impugnante da suplicación por importe de cincocentos cincuenta euros (550 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de abril de 2015

A secretaria xudicial