Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18099

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (371/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 371/2014 deste xulgado do social de reforzo, seguido por instancia de José Enrique Neira Edreira contra a empresa Grupo Bordex, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña

Sentenza: 53/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 371/2014

Demandante: José Enrique Neira Edreira

Letrado: Sr. Pérez Nieves

Demandado: Grupo Bordex, S.L.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2015

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Enrique Neira Edreira fronte á empresa Grupo Bordex, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 1.515,22 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 50,09 euros/día.

3º. Condeno a empresa a aboar ao traballador a suma de 751,35 euros en concepto de prazo de aviso previo ao despedimento obxectivo non concedido.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Social de Reforzo da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Bordex, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de abril de 2015

A secretaria xudicial