Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Empresarios Viveristas del Noroeste (Asvinor).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados os estatutos da Asociación de Empresarios Viveristas del Noroeste (Asvinor), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación toda aquela empresa (definida como tal no artigo 1.1 do Estatuto dos traballadores) á que lle interese e o solicite, reunindo as condicións recollidas no artigo 1.1 dos seus estatutos.

Asinan a acta de constitución: Anselmo Lamigueiro Merino en representación de Viveros Lamigueiro, Roberto Miguélez Lago en representación de Viveiros Compostela, Lara Rodríguez Gasalla en representación de Viveros Cabaleiros, e José Luís Landín Outón en representación de José Luís Landín Outón.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social