Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Confederación Galega de Empresas de Transporte de Viaxeiros (Confegaet).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados os estatutos da Confederación Galega de Empresas de Transporte de Viaxeiros (Confegaet), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita confederación, as organizacións profesionais (confederacións, federacións ou asociacións) que, calquera que sexa a súa denominación, estean constituídas por empresas ou/e organizacións profesionais de empresas, de transporte público de viaxeiros por estrada, sempre que o seu ámbito sexa a Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Antonio Piña Antón, en representación de Fenebús-Galicia, José Luís Liñares Louzao, en representación de Fegabus e Fernando Javier de Bidegain García, en representación de Fegatravi.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social