En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do acordo marco e dos contratos que se relacionan a seguir:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 96/2013.
d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración, de forma sucesiva e por prezo unitario, de produtos de lavandaría para a Consellería de Traballo e Benestar.
c) División por lotes:
Lote 1: centros situados na provincia da Coruña.
Lote 2: centros situados na provincias de Lugo e Ourense.
Lote 3: centros situados na provincia de Pontevedra.
d) CPV: 39831200-8: deterxentes.
e) Acordo marco: si.
f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).
h) Data de publicación do anuncio de licitación:
Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 2 de xaneiro de 2014.
Data de publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE): 13 de xaneiro de 2014.
Data de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG): 23 de xaneiro de 2014.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado: cincocentos setenta e dous mil oitocentos vinte e nove euros con noventa e oito céntimos (572.829,98 €), incluída a posible prórroga por un ano.
O valor estimado por lotes é o seguinte:
Lote 1: centros situados na provincia da Coruña: 211.534,84 €.
Lote 2: centros situados nas provincias de Lugo e Ourense: 167.701 €.
Lote 3: centros situados na provincia de Pontevedra: 193.594,14 €.
5. Formalización dos contratos dos tres lotes:
a) Data de adxudicación do acordo marco: 20 de febreiro de 2015.
b) Data de formalización dos contratos derivados: 8 de abril de 2015.
c) Contratista: Kifort, S.L.
d) Nacionalidade: española.
e) Importe de adxudicación: 0,047 € por kg de roupa (prezo sen IVE).
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar