Con data do 6 de abril de 2015, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2015007TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Rosa María Rodríguez López.
Intentada a notificación da proposta de resolución, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Rosa María Rodríguez López o contido da dita proposta que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 21 de abril de 2015
Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: 2015007TA-LU.
Interesada: Rosa María Rodríguez López.
DNI: 33309973Q.
Último enderezo coñecido: avenida Paulo Fabio Máximo, 50, 5º D, 27003 Lugo.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).