Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17750

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1098/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento de garda e custodia e alimentos, se ditou a seguinte sentenza:

En Vigo o vinte e cinco de febreiro de dous mil quince.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1098/2013 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillos menores de idade, por instancia de Silvia Pereira Alonso, representada pola procuradora dos tribunais Marta Suárez Hermo e con asistencia letrada de Beatriz Rodríguez Hermida, contra Daniel Taboada Fernández, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Suárez Hermo, en nome e representación de Silvia Pereira Alonso, contra Daniel Taboada Fernández, declarado en situación de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, estímoa facendo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia dos fillos menores atribúese á Sra. Pereira Alonso, e a patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Taboada Fernández poderá estar e gozar da compañía dos seus fillos cando ambos os proxenitores así o conveñan e, en defecto de acordo, nos termos establecidos no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Terceiro. En concepto de alimentos para os seus fillos, o Sr. Taboada Fernández aboará a cantidade de 120 euros ao mes, que ingresará na conta corrente que designe a nai para o efecto dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xeren os menores, entre os que se encontran os médicos non cubertos pola Seguridade Social, non tendo esta consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar e matrícula escolar nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E para que sirva de notificación a Daniel Taboada Fernández, expido e asino este edicto.

Vigo, 15 de abril de 2015