Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17672

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 1511-2015 en relación coa disposición derradeira segunda da Lei de Galicia 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, por posible vulneración dos artigos 9.3, 14, 149.1.1ª e 18ª da Constitución española.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 28 de abril actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 1511-2015 formulada pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de apelación número 331/2014, en relación coa disposición derradeira segunda da Lei de Galicia 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, por posible vulneración dos artigos 9.3, 14, 149.1.1ª e 18ª da Constitución española, e, de conformidade co disposto no artigo 10.1.c) LOTC, reservar para si o coñecemento da presente cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2 LOTC, os que sexan parte no recurso de apelación número 331/2014, poderán comparecer ante este tribunal dentro dos quince días seguintes á publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 28 de abril de 2015

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional