Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (223/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 223/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Dulzura Esperanza Carreira Lires contra a empresa Linea Futurex Avance, S.L., Fondo de Garantía Salarial e administrador concursal, sobre despedimento, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo.

Que, estimando a demanda interposta por Esperanza Dulzura Carreira Lires contra a empresa Linea Futurex Avance, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, condenando a demandada a aboar unha indemnización de 3.001,10 €.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que o debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco (5) días contado a partir da notificación desta sentenza. No propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Linea Futurex Avance, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de abril de 2015

A secretaria xudicial